A PHP Error was encountered

Severity: Notice

Message: Undefined index: HTTP_REFERER

Filename: controllers/iedicion.php

Line Number: 132

Navallas estufadas con cabaciño e escuma de leite - Talentos en Conserva by Frinsa

Navallas estufadas con cabaciño e escuma de leite

Germán Cacheda de Paz  | CIFP CARLOS OROZA

INGREDIENTES

Navallas ao natural FRINSA
1 cabaciño
1 barra de pan
100 ml de leite de vaca enteira
Sal Maldon
Alga wakame seca ou en conserva
2 ramas de cilantro fresco
Aceite de oliva virxe extra

ELABORACIÓN

Cortar o cabaciño en paisana e saltealo no aceite, no último momento botar as follas de cilantro, evitar que se queimen, deben quedar triscantes.
Abrir a lata de navallas e poñer a infusionar a cuarta parte do líquido cos 100 ml de leite, no conxelador.
Hidratar as algas en auga morna, si están secas.
Tostar o pan en rebanadas co aceite, debe quedar ben tostado.
Montar o prato:
1.- No centro do prato colocar o estufado de cabaciño.
2.- Poñer as navallas sobre o cabaciño, nun borde as algas escurridas e sazoar con sal Maldon.
3.- Cun escumador de leite batir o leite ata que se forma unha escuma consistente, coller unha boa porción e colocar enriba das navallas, podemos usar a parte restante para poñer acompañando o plato.
4.- Acompañar con pan tostado.
Servir inmediatamente.