A PHP Error was encountered

Severity: Notice

Message: Undefined index: HTTP_REFERER

Filename: controllers/iedicion.php

Line Number: 132

Mar e monte de polbo FRINSA - Talentos en Conserva by Frinsa

Mar e monte de polbo FRINSA

Maria del Carmen Currás Otero  | CIFP CARLOS OROZA

INGREDIENTES

1 punta de solombo ibérico
2 patacas pequenas
100 ml xugo de carne reducido
2 trompetas da morte secas (ou frescas en tempada)
Sal - pementa negra recén moída
Pó de cogomelos
1 lata de polbo en aceite FRINSA
Perexil

ELABORACIÓN

1. Hidratar en auga tíbia as trompetas, si están desecadas.
2. Pelar e cortar as patacas en cachelos, saltealos co aceite de oliva mesturado cunha parte do aceite da conserva de polbo, cando están algo cocidas engadir o xugo de carne e deixar cocer moi lentamente, tres minutos antes de rematar a cocción engadir as trompetas hidratadas, cocer.
4. Poñer o polbo dentro do recipiente e tapar, deixar que colla calor pero co lume apagado.
4. Saltear a lume moi forte a punta de solombo durante 30 segundos, reservar quente.
Presentación:
1. Poñer as patacas formando unha pirámide nun prato, sobre elas a trompeta da morte e nun costado as puntas de solombo.
2. Salsear co xugo de carne e terminar decorando coas follas de perexil e o pó de cogomelos por enriba.