Merluza en pixama cuberto con cebola caramelizada

Christian Sueiro Núñez  | CIFP Carlos Oroza

0 Votos

Merluza en pixama cuberto con cebola caramelizada

Christian Sueiro Núñez  | CIFP Carlos Oroza

INGREDIENTES

-Merluza 60 g.
-Ovo 1 ud.
-Fariña 40 g .
-Cebola 10 g.
-Azucre 10 g.
-Aceite c/s.
-Tortita de maíz 1 ud.

Para decorar:
-Tomiño 5 g.

ELABORACIÓN

Cortamos a cebola en xuliana. Nunha tixola votamos un pouco de aceite e pochamos a cebola un pouco. Engadímoslle o azucre e deixamos que caramelice. Retiramos a cebola caramelizada da tixola e reservamos.
Pasamos a merluza por fariña e logo por ovo batido. Fritimos a merluza nunha parisién e o reservamos.
Na tortita cortamos a circunferencia dun anel metálico e o marcamos nunha tixola.

Montaxe:
Montamos o pintxo poñendo de base a tortita, seguido do rebozado de merluza, cuberto coa cebola caramelizada e espolvoreado con tomiño picado fino.




COMPARTE CON TUS AMIGOS